4º Campus DE VERÁN 2024


IMPORTANTE

  • Prazo de inscripción cerrado
  • SIN PLAZAS


… datas …

Do 1 ao 15 de
XULLO

PLAZAS AGOTADAS

Do 1 ao 15 de
AGOSTO

PLAZAS AGOTADAS


… de 4 a 16 anos …

… de 10:00 a 14:00 …

Condicións xerais das Actividades de EDUKAJUDO

Información do TRANSPORTE
Información DIARIA
Sempre ACREDITADOS

IMPORTANTE

  • Prazo de inscripción cerrado
  • PRAZAS AGOTADAS

Os beneficios do Judo van máis aló dunha mera práctica deportiva

abarcan o desenvolvemento humano que nos fan afrontar a vida respectando aos demais. Queremos ademais aproveitar este Campus de verán para dar un enfoque máis amplo ás actividades, e que estas se convertan nun medio para aprender valores ao mesmo tempo que gozamos delas.

1. AS ACTIVIDADES DO CAMPUS


HABILIDADES PERCEPTIVAS

Divírteche ao mesmo tempo que melloras as túas habilidades. Nun marco de ampliar a túa percepción visual, traballaremos dunha forma innovadora e divertida, con xogos e actividades que mellorarán as túas capacidades.

BOS HÁBITOS

A actividade de sendeirismo, orientarémola como hábito saudable para que perdure ente os hobbies dos nosos alumnos. Darémoslle un enfoque de saúde, ao mesmo tempo que aproveitando a contorna, ensinaremos a observar e respectar a natureza e historia dos lugares que se visiten.

OCIO EN GRUPO

O Aquapark, é unha actividade de lecer e diversión. Desde o noso enfoque, ademais reforzará os valores de compañeirismo e unión do grupo, así como o seguir unhas normas de convivencia que axudarán a entender mellor o “porqué” un grupo debe respectar e fomentar pautas.

RESPETA A NATUREZA

A praia, é unha contorna natural ideal para poñer en valor o respecto pola natureza. Ademais de ser un bo lugar para a práctica de xogos na area, fomentaremos a concienciación de respecto polo mar, cunha tarefa de limpeza da contorna de plásticos que poidan poñer en perigo especies mariñas ademais de resultar contaminantes para o medio ambiente.

BOWLING

Trátase dunha actividade realmente divertida… pero na súa mellora, motívase á constancia e disciplina para evolucionar na túa técnica. Supón un reto, e axuda á superación constante.

Cando realizas esta actividade estás a mostrar e potenciando unha habilidade para progresar e mellorala. O feito de adestrar e mellorar as túas capacidades físicas aumenta a túa  propiocepción, dándoche así unha imaxe máis completa de ti mesmo, algo vital para potenciar a túa  autoconfianza.

TIRO CON ARCO

Desde o punto de vista psicolóxico, este deporte propicia  autoconfianza; e no aspecto físico, os seteiros obteñen un desenvolvemento da estrutura muscular na parte superior do corpo.

É común o relato de atletas que se din con máis foco e concentración no estudo e no traballo despois de iniciar a práctica do tiro con arco.


IMPORTANTE

  • Prazo de inscripción cerrado
  • PRAZAS AGOTADAS


QUE VEN O PASAMOS O ANO PASADO!!!


Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies